Próximas actuacións

Este sábado 14 de abril na Cidade da Cultura poderemos ver o espectáculo poético musical Circo Lírico dos País dos Ananos.
A velada do Circo Lírico do País dos Ananos presenta música en directo da man do grupo Labregos do tempo dos Sputniks -formado por García de Dios Ke Te Crew, o Leo i Arremecághona, mais Silverio Outeiro ex Xenreira- números de marionetas de fío e sombras chinesas con Borxa Ínsua xunto á voz das poetisas María Lado e Lucía Aldao.

E o domingo 15 de abril en Riotorto, cantares de cego en zancos na VI Festa de Artesanía do Ferro.

Advertisements

Vídeo de “O Ferreiro e o Diaño”

“O Ferreiro e o diaño” achéganos a historia do Tío Miseria, un relato clásico e universal sobre a traxedia do home que vendeu a súa alma ao demo. Este espectáculo, que mestura marionetas de fíos e siluetas, é unha producción de Títeres Alakrán e Títeres Cascanueces, e baséase na adaptación que fixeron da lenda os autores brasileiros Tiarajú Gómes e Camilo de Lelis.

Pekeno Kabaret de Tolos

Un presentador leva ás súas costas un cabaret ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da música: Camarón de la Isla, Ella Fitzgerald, o gaiteiro Avelino Cachafeiro, Bola de Nieve, Jimmy Hendrix, D.J. Federico, un brakedancer sen papeis, e mesmo a morte

Con ocorrencia e improvisación, o presentador trata de involucrar e conmover ó público con esta tolemia de espectáculo, cun final demoledor no que, literalmente, rodarán cabezas.

Ficha técnica

Espectáculo para adultos.

Técnica: fío e puppit belga

Duración: 45 minutos

Necesidades técnicas: tarima de 60cm. de alto X 3 metros de fronte X 3 de fondo. (Medidas para rúa, en pubs adáptase a espazos máis pequenos).

Corrente: 220 W.