Estrea en Brión de “Os soños na gaiola”

Unha proposta diferente de achegar a obra de Manuel María no ano que se lle adica o Día das Letras Galegas.

O próximo venres 1 de abril ás 19 hrs. o Centro Social Polivalente de Brión acolle a estrea do espectáculo de monicreques Os soños na gaiola, producido por Títeres Alakrán e dirixido polo dramaturgo Roi Vidal.

A obra está destinada a un público infantil e familiar e déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola, co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo rural da infancia  do  poeta  chairego.

????????????????????????????????????

Esta adaptación de Os soños na gaiola constitúe, ademáis dunha homenaxe a Manuel María, unha forma distinta de achegar a súa palabra poética, grazas aos recursos escénicos e dramatúrxicos que proporciona o teatro de títeres. Na obra, o propio Manuel María transfórmase en monicreque para  interactuar cos nenos. Destaca ademáis a forte presencia da música, grazas a cal poemas como O Soñador, Galicia ou O Río convértense en cancións.

 

os_sonos_na_gaiola (1)

O espectáculo comeza co titiriteiro chegando á vila cunha gaiola cargada de soños, onde representará os poemas para divertir aos nenos galegos. Serán eles quenes coa súa participación farán posible o nacemento de Alicia, a nena protagonista desta historia. Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras na súa viaxe por un mundo que lle resulta exótico e estraño. No seu camiño atopará toda unha galería de personaxes marabillosos e sorprendentes que lle irán dando pistas sobre Galicia. A través de adiviñas misteriosas e versos poéticos Alicia vai ter que descifrar que diantres é Galicia e onde está agochada…

????????????????????????????????????

Próximas actuacións
Os soños na gaiola de Títeres Alakrán poderá verse nos vindeiros días na Mostra Titiritando de Emoción de Ribeira, en Pontevedra dentro das actividades do Correlingua, e en Cambre, Fisterra e Redondela dentro do ciclo Cultura no Camiño.

Os soños na gaiola é unha produción de Títeres Alakrán, a compañía do titiriteiro, actor e escultor Borja Insua, cunha traxectoria de máis de quince anos como constructor, manipulador e creador de espectáculos no teatro profesional de títeres. A dirección de escea corre a cargo do dramaturgo, poeta e crítico teatral Roi Vidal, do que destaca a dirección teatral das pezas Matilde, Faraoas, Operación TriunfoIlla/Ollo; a biografía de Roberto Vidal Bolaño Fóra de Portas; o libreto Bailadelas. Mulleres Bolañesas e a realización do documental escénico Rosalías. Unha vida de luces e sombras.

Advertisements

Moi pronto “OS SOÑOS NA GAIOLA”

Títeres Alakrán prepara xa seu novo espectáculo: “Os soños na gaiola” de Manuel María,  unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo rural da infancia do poeta chairego. Un mundo que á pequena Alicia, unha nena urbana da actualidade, lle resulta extraño, mais que acabará comprendendo e amando.

cartel_soños_mail

 

Venres, 20.30 h. O Kabaret no Airas Nunes de Santiago

Este venres 20 de febreiro ás 20.30 hrs. podedes ver o espectáculo Pekeno Kabaret de Tolos no Café Airas Nunes de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar 17).

Despois de máis de cen actuacións por toda Galicia o kabaret ambulante volve a Compostela. A  Camarón de la Isla, Ella Fitzgerald, Jimmy Hendrix e os clásicos, súmanse novas incorporacións que tedes que ver!

Pequeno_kabaret_locos (5) Pequeno_kabaret_locos (1) Pequeno_kabaret_locos (4)

O “Pekeno Kabaret” no Airas Nunes de Compostela

O próximo venres 20 de febreiro o Pekeno Kabaret de Tolos estará no Café Airas Nunes de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar 17). Informaremos da hora proximamente.

Despois de máis de cen actuacións por toda Galicia o kabaret ambulante volve a Compostela. A  Camarón de la Isla, Ella Fitzgerald, Jimmy Hendrix e os clásicos, súmanse novas incorporacións que non podedes perder!

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

El Retablillo de Don Cristóbal

En la línea de los espectáculos itinerantes de antes, un ciego deambula por los caminos portando consigo un guiñol ambulante. Debajo de su atuendo se esconden los personajes de esta farsa.   Como si de algo espontáneo se tratase,  establece la representación en un lugar determinado (bar, calle, plaza). Con la participación del público el ciego improvisará su teatro de guiñol.

05

En esta adaptación del Retablillo – y para sorpresa del público- el personaje del Director cobra forma audiovisual y es proyectado en la propia tela del improvisado teatrillo. Títeres Alakrán ha querido aportar también una visión actual de Don Cristóbal, que adquiere aquí una personalidad  muy influenciada por nuestra época.

Sin embargo, la gran particularidad de esta adaptación es la capacidad de improvisación de los personajes. Ello lo convierte en un espectáculo vivo, en constante creación, que incorpora a la obra el ambiente en el que se representa.  La inventiva del titiritero -enriqueciendo el texto con localismos  y personalizando la obra- da como resultado una función fresca, con grandes dosis de humor, capaz de cautivar e implicar al público durante todo el espectáculo.
CARTEL_CAST_RETABLILLO_low